Filólocos compostolos
Xentes filoloquienses, como xa sabedes, hai un tempo que vivo en Compostela facendo coma quen que traballo. E tamén sabedes que vai tardando que organicemos algo por estas terras.
O que pretendo con esta entrada no bloguiño é que vaiamos discutindo datas para facer unha quedada por aquí.
Como traballo até os venres, podería ser un venres ou un sábado, inda que un sábado sempre presta máis por iso de ir algo máis descansado.
No piso teño dous sofás, un colchonsiño semi-desente e outro bastante indesente, así que poderíamos organizarnos para sobar aquí.
De datas? Pois a finde do 16 de xaneiro non podería e o 5 de febreiro hai concerto de Betagarri e irei, así que case tampouco. Polo demáis, pensade que teño estudantes que en febreiro están de exames, aínda que non é problema, a verdade (viva!). Mais unha cousa si vou dicir, gustaría de que viñésedes todos. Así que podedes mirar a data con tempo para que vos vaia ben a todos.
Estamos de festa ou que?
Ide dicindo, filólocos!
Hola chicos!!